Live Pixel [Melona Fest]

Live Pixel
Live Pixel 3 de abril Riquela Santiago Melona Fest
Cartel Melona Fest 4

«A presentación do IV Melona Fest do mércores 3 de abril no Riquela foi moi emocionante e estivo protagonizada por unha actuación de Live Pixel, o novo proxecto da artista visual Marta Verte e o artista multidisciplinar Juanma LoDo. A actuación mesturou música electrónica con audiovisual, e tiña de novidoso respecto a outras parecidas que a parte de Verde non era un vídeo pregravado, senón unha imaxe viva que evolucionaba a través de algoritmos ao son da música. Tivo un nivel altísimo e incluso diría que conseguiu representar a unha xeración polos sentimentos que destilaba. Tras o espectáculo, o Melona arrincaba cunha preciosa instalación con luces de neón que presaxiaba o intenso dos días que estaban por vir. Pero ese non foi o primeiro evento que se viviu neste novo Melona Fest, previamente o 30 de marzo efectuouse un acto previo coa exposición do colectivo fotográfico White Collective

Vía Balea Cultural

http://balea.gal/2019/04/24/melona-fest4-dias-1-e-2-un-prologo-emocionante/